miércoles, 18 de enero de 2017

Club de lectura "A ponte sobre o Drina"

No club de lectura despois de estar "cos elefantes de Sokurov, con Antón Riveiro Coello e con el corazón helado", agora estamos lendo "A ponte sobre o Drina" de I. Andric. A xuntanza para comentar o libro vai ser o xoves 16 de febreiro ás 18.30 horas

viernes, 23 de septiembre de 2016

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

Empeza a nova edición do Club de Lectura de Adultos que organiza a Biblioteca Municipal de Boiro e a Asociación Cultural Verbas. Este mes vamos ler "A flor de Piel" que xa se pode recoller na Biblioteca. Para aquelas persoas que desexen incorporarse ó grupo, poden facelo inscribíndose na Biblioteca Municipal. As sesións son mensuais e a data da primeira está por concretar, pero estímase que sexa sobre o 19 ou 20 de outubro.

miércoles, 20 de abril de 2016

Club de lectura: La republica de los sueños


CLUB DE LECTURA
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO
E
 ASOCIACIÓN CULTURAL VERBAS
Estamos lendo “La república de los sueños”, se queres incorporarte ao club, podes levar o libro prestado.
A xuntanza para comentar o libro vai ser o mércores 11  de maio ás 7 na Casa da Cultura de Boiro.

                                                                                                         

jueves, 3 de marzo de 2016

Club de lectura: Conduce rápido


CLUB DE LECTURA
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO
E
 ASOCIACIÓN CULTURAL VERBAS
Estamos lendo “Conduce rápido” de Diego Ameixeiras, se queres incorporarte ao club, podes levar o libro prestado.

A xuntanza para comentar o libro vai ser o mércores 30  de marzo ás 7 na Casa da Cultura de Boiro.

viernes, 5 de febrero de 2016

Club de lectura: Como la sombra que se va



CLUB DE LECTURA
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO
E
 ASOCIACIÓN CULTURAL VERBAS
Estamos lendo “Como la sombra que se va”, se queres incorporarte ao club, podes levar o libro prestado.
A xuntanza para comentar o libro vai ser o mércores 2  de marzo ás 7 na Casa da Cultura de Boiro.

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Club de lectura: Stoner

        

CLUB DE LECTURA
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO
E
 ASOCIACIÓN CULTURAL VERBAS
Estamos lendo “Stoner”, se queres incorporarte ao club, podes levar o libro prestado.
A xuntanza para comentar o libro vai ser o martes 22  de decembro ás 7 na Casa da Cultura de Boiro.

                                                                                                         

miércoles, 7 de octubre de 2015

Nos vemos allá arriba. Club de lectura

        
CLUB DE LECTURA
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO
E
 ASOCIACIÓN CULTURAL VERBAS
Estamos lendo “Nos vemos allá arriba”, se queres incorporarte ao club, podes levar o libro prestado.
A xuntanza para comentar o libro vai ser o mércores 28  de outubro ás 7 na Casa da Cultura de Boiro.


                                             

miércoles, 26 de agosto de 2015

Matarte lentamente. Club de lectura


CLUB DE LECTURA
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO
E
 ASOCIACIÓN CULTURAL VERBAS

Estamos lendo “Matarte lentamente”, se queres incorporarte ao club, podes levar o libro prestado a partir do 3 de setembro.


A xuntanza para comentar o libro vai ser o martes 29  de setembro ás 7 na Casa da Cultura de Boiro.

miércoles, 8 de julio de 2015

VII certame literario "Ramón Martínez López"

O xurado  do VII certame literario “Ramón Martínez López” formado por Agustín Agra Barreiro, María Xesús Blanco López e Manuela Campos Agrafojo reunido na Casa da Cultura de Boiro o 8 de xuño de 2015 ás 19.30 horas acorda conceder os seguintes premios
Categoría A
5º Carlota a aventureira de Carla Seco Otero.
4º Pedro e panchiña de Manuel Tubío Muñiz.
3º Unha familia de lobos de Lía Pérez Cespón.
2º A caixa misteriosa de Aitana Saavedra Davila.
1º Nei, o derradeiro can de palleiro na terra de Ismael Rodriguez Tubío.
Categoría B
4º O porco Pimpin de Jessica Mª maneiro Sanisidro.
3º A rebelión das sombras de Carla Vidal García.
3º Galatea de Laura Pouso González.
2º A mámoa agochada de Enrique Santiago Suarez.
1º Kenai non quere ser cazador de Rita Sanchez Dosil.
Categoría C
1º Non me mintas de Alejandra Melón Dieste.
Categoría D
2º A miña vida de Rebeca González Dieguez.
1º Por un puñado de billetes de Vanesa Somoza González.
Categoría F

A visita de María de Mª Carmen Triñanes Piñeiro.

miércoles, 13 de mayo de 2015

Nosotros los ahogados. Club de lectura


CLUB DE LECTURA
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO
E
 ASOCIACIÓN CULTURAL VERBAS
Estamos lendo “Nosotros, los ahogados”, se queres incorporarte ao club, podes levar o libro prestado.

A xuntanza para comentar o libro vai ser o martes 23 de xuño ás 7 na Casa da Cultura de Boiro.

miércoles, 15 de abril de 2015

Club de lectura, O bosque dos raposos aforcados


CLUB DE LECTURA
 DA
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO
 E
 ASOCIACIÓN CULTURAL VERBAS

Estamos lendo “O bosque dos raposos aforcados” de Arto Paasilinna, se queres incorporarte ao club, podes levar o libro prestado.



A xuntanza para comentar o libro vai ser o martes 12 de maio ás 7 na Casa da Cultura de Boiro.

jueves, 12 de marzo de 2015

Contacontos en familia


Este sábado, 14 de marzo, ás 12 horas na Biblioteca Municipal de Boiro kamishibai "O xastriño valente" e outros contos.

Club de lectura - Las uvas de la ira


CLUB DE LECTURA
 DA
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO
 E
 ASOCIACIÓN CULTURAL VERBAS

Estamos lendo “Las uvas de la ira” de John Steinbeck, se queres incorporarte ao club, podes levar o libro prestado.


A xuntanza para comentar o libro vai ser o martes 14 de abril ás 7 na Casa da Cultura de Boiro.

sábado, 14 de febrero de 2015

VII certame literario "Ramón Martínez López"

VII CERTAME LITERARIO “RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ”.
BASES
1.- O Concello de Boiro e a Biblioteca Pública Municipal co obxecto de fomentar a creación literaria entre o alumnado boirense e os boirenses convocan o VII Certame literario “Ramón Martínez López” nas modalidades de conto, relato e poesía. Con esta denominación preténdese salientar a figura deste fillo predilecto boirense, (1907-1989), un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, profesor na universidade de Texas, membro destacado do histórico Partido Galeguista.
2.- Poderá concorrer o alumnado dos centros de ensino primario e secundario do Concello de Boiro e os nacidos ou residentes en Boiro.
3.- As obras estarán escritas en lingua galega, serán inéditas e de tema libre.
4.- Cada participante poderá presentar un único traballo.
5.-Categorías e modalidades:
            NARRATIVA:
Categoría A: 3º e 4º de primaria.
Modalidade conto: máximo 2 folios.
Categoría B: 5º e 6º de primaria.
Modalidade conto: máximo 4 folios.
Categoría C: 1º e 2º de ESO.
Modalidade relato: máximo 8 folios.
Categoría D: 3º e 4º de ESO..
Modalidade relato: máximo 12 folios.
Categoría E: bacharelato e formación profesional.
Modalidade relato: máximo 20 folios.
Categoría F: poboación en xeral.
Modalidade relato: máximo 20 folios.
            POESÍA:
Categoría G: 1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O. e os poemas serán como máximo de 70 versos.
Categoría H: bacharelato e formación profesional e os poemas serán como máximo de 90 versos.
Categoría I: poboación en xeral e os poemas serán como máximo de 110 versos.
6.- Premios:
NARRATIVA:
Categoría A: conto: 1º premio 80 €, 2º premio: 50 €, 3º premio: 30 €.
Categoría B: conto: 1º premio 80 €, 2º premio: 50 €, 3º premio: 30 €.
Categoría C: relato: 1º premio 80 €, 2º premio: 50 €, 3º premio: 30 €.
Categoría D: relato: 1º premio 120 €, 2º premio: 80 €.
Categoría E: relato: 1º premio 120 €, 2º premio: 80 €.
Categoría F: relato: 1º premio 145 €.
POESÍA
Categoría G: 1º premio 80 €.
Categoría H: 1º premio 80 €.
Categoría I: 1º premio 80 €.
 7.- Os textos presentados polo alumnado de primaria poderán vir escritos a man. Os textos dos alumnos de secundaria e poboación en xeral deberán vir impresos por unha cara a 1,5 espazos con letra Arial e tamaño 12.
8.- O xurado poderá declarar deserto algún premio ou concedelos “ex aequo”.
9.- Os traballos poden presentarse ata o 12 de maio de 2015 na Biblioteca Pública Municipal de Boiro (1ª planta da Casa da Cultura “Ramón Martínez López”). As obras deberán conter soamente o título, carecendo de detalles que poidan identificar ao autor. Acompañando aos orixinais nun sobre pechado incluiranse no interior os datos do autor: nome, apelidos, enderezo, teléfono e centro educativo. No exterior do sobre indicarase o título da obra, a categoría e a modalidade á que se presenta.
10.- Os traballos premiados quedarán en propiedade do Concello de Boiro, que terá dereito a editalas. Os autores quedan libres para reproducir e utilizalos traballos do xeito que estimen oportuno. Os traballos non premiados poderán ser retirados durante o mes seguinte á data do fallo do xurado.
11.- O feito de participar supón a aceptación destas bases.


miércoles, 4 de febrero de 2015

Contacontos en familia

Este sábado, 7 de febreiro, ás 12 contaremos o kamishibai "Hans e a princesa" e outros contos

Club de lectura. El secreto del fuego


CLUB DE LECTURA
 DA 
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO
 E 
 ASOCIACIÓN CULTURAL VERBAS 

Estamos lendo “El secreto del fuego” de Henning Mankell, se queres incorporarte ao club, podes levar o libro prestado.

A xuntanza para comentar o libro vai ser o martes 3 de marzo ás 7 na Casa da Cultura de Boiro.

jueves, 18 de diciembre de 2014

Club de lectura - En la orilla

Nestes momentos estamos a ler no club de lectura "En la orilla" de Rafael Chirbes. Se desexas participar no club poder coller prestado o libro na Biblioteca. A xuntanza para comentar o libro será o mércores 7 de xaneiro ás 7 da tarde.

viernes, 14 de noviembre de 2014

Club de lectura

O martes 18 de novembro ás 20.30 horas hai xuntanza na Biblioteca Municipal de Boiro (ubicada na Casa da Cultura) de interesados en formar parte do CLUB DE LECTURA, para escoller títulos a ler, fixar horarios de próximas xuntanzas. Poderán asistir tódolos adultos e xóvenes maiores de 18 anos que desexen participar nesta iniciativa promovida pola Biblioteca Municipal de Bioro e a Asociación Cultural Verbas. Se hai alguen interesado en formar parte do club, pero non pode asistir á xuntanza se pode poñer en contacto coa biblioteca (teléfono 981 84 84 10). Un club de lectura é un grupo de persoas que se reúnen para comentar un mesmo libro, que todas leron previamente. Normalmente, o libro lese e comentase por partes. Os libros os presta gratuitamente a biblioteca. Tratase de posibilitar o encontro dun grupo de persoas interesadas en reflexionar, comentar, intercambiar opinións, aprender, disfrutar e relacionarse a partir da lectura.

miércoles, 29 de octubre de 2014

Sábados: contos en familia

Os sábados ás 12 na biblioteca temos os contacontos CONTOS EN FAMILIA

Novo servizo: préstamo de libros electrónicos

Se eres socio dalgunha biblioteca da Rede de Bibliotecas de Galicia (a Biblioteca Municipal de Boiro está incluida) podes coller libros electrónicos en préstamo, para acceder a 1ª vez debes rexistrarte nesta páxina http://www.galiciale.es/ Se tes dúbidas ou desexas máis información podes acudir á biblioteca.