Este sábado, 14 de marzo, ás 12 horas na Biblioteca Municipal de Boiro kamishibai "O xastriño valente" e outros contos.
jueves, 12 de marzo de 2015
Contacontos en familia
Este sábado, 14 de marzo, ás 12 horas na Biblioteca Municipal de Boiro kamishibai "O xastriño valente" e outros contos.
Club de lectura - Las uvas de la ira
CLUB DE LECTURA
DA
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO
E
ASOCIACIÓN CULTURAL VERBAS
Estamos lendo “Las uvas de la ira” de John Steinbeck, se queres incorporarte ao club, podes levar o libro prestado.
A xuntanza para comentar o libro vai ser o
martes 14 de abril ás 7 na Casa da Cultura de Boiro.
sábado, 14 de febrero de 2015
VII certame literario "Ramón Martínez López"
VII CERTAME LITERARIO “RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ”.
BASES
1.- O Concello de Boiro e a
Biblioteca Pública Municipal co obxecto de fomentar a creación literaria entre
o alumnado boirense e os boirenses convocan o VII Certame literario “Ramón
Martínez López” nas modalidades de conto, relato e poesía. Con esta
denominación preténdese salientar a figura deste fillo predilecto boirense,
(1907-1989), un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, profesor na
universidade de Texas, membro destacado do histórico Partido Galeguista.
2.- Poderá concorrer o alumnado
dos centros de ensino primario e secundario do Concello de Boiro e os nacidos
ou residentes en Boiro.
3.- As obras estarán escritas en
lingua galega, serán inéditas e de tema libre.
4.- Cada participante poderá
presentar un único traballo.
5.-Categorías e modalidades:
NARRATIVA:
Categoría A: 3º e 4º de primaria.
Modalidade conto: máximo 2
folios.
Categoría B: 5º e 6º de primaria.
Modalidade conto: máximo 4
folios.
Categoría C: 1º e 2º de ESO.
Modalidade relato: máximo 8
folios.
Categoría D: 3º e 4º de ESO..
Modalidade relato: máximo 12
folios.
Categoría E: bacharelato e
formación profesional.
Modalidade relato: máximo 20
folios.
Categoría F: poboación en xeral.
Modalidade relato: máximo 20
folios.
POESÍA:
Categoría G: 1º, 2º, 3º e 4º de
E.S.O. e os poemas serán como máximo de 70 versos.
Categoría H: bacharelato e
formación profesional e os poemas serán como máximo de 90 versos.
Categoría I: poboación en xeral e
os poemas serán como máximo de 110 versos.
6.- Premios:
NARRATIVA:
Categoría A: conto: 1º premio 80
€, 2º premio: 50 €, 3º premio: 30 €.
Categoría B: conto: 1º premio 80
€, 2º premio: 50 €, 3º premio: 30 €.
Categoría C: relato: 1º premio 80
€, 2º premio: 50 €, 3º premio: 30 €.
Categoría D: relato: 1º premio
120 €, 2º premio: 80 €.
Categoría E: relato: 1º premio
120 €, 2º premio: 80 €.
Categoría F: relato: 1º premio
145 €.
POESÍA
Categoría G: 1º premio 80 €.
Categoría H: 1º premio 80 €.
Categoría I: 1º premio 80 €.
7.- Os textos presentados polo alumnado de
primaria poderán vir escritos a man. Os textos dos alumnos de secundaria e
poboación en xeral deberán vir impresos por unha cara a 1,5 espazos con letra
Arial e tamaño 12.
8.- O xurado poderá declarar
deserto algún premio ou concedelos “ex aequo”.
9.- Os traballos poden presentarse
ata o 12 de maio de 2015 na Biblioteca Pública Municipal de Boiro (1ª planta da
Casa da Cultura “Ramón Martínez López”). As obras deberán conter soamente o
título, carecendo de detalles que poidan identificar ao autor. Acompañando aos
orixinais nun sobre pechado incluiranse no interior os datos do autor: nome,
apelidos, enderezo, teléfono e centro educativo. No exterior do sobre
indicarase o título da obra, a categoría e a modalidade á que se presenta.
10.- Os traballos premiados
quedarán en propiedade do Concello de Boiro, que terá dereito a editalas. Os
autores quedan libres para reproducir e utilizalos traballos do xeito que
estimen oportuno. Os traballos non premiados poderán ser retirados durante o
mes seguinte á data do fallo do xurado.
11.- O feito de participar supón
a aceptación destas bases.
miércoles, 4 de febrero de 2015
Club de lectura. El secreto del fuego
CLUB DE LECTURA
DA
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO
E
ASOCIACIÓN CULTURAL VERBAS
A xuntanza para comentar o libro vai ser o martes 3 de marzo ás 7 na Casa da Cultura de Boiro.
jueves, 18 de diciembre de 2014
Club de lectura - En la orilla
Nestes momentos estamos a ler no club de lectura "En la orilla" de Rafael Chirbes.
Se desexas participar no club poder coller prestado o libro na Biblioteca.
A xuntanza para comentar o libro será o mércores 7 de xaneiro ás 7 da tarde.
viernes, 14 de noviembre de 2014
Club de lectura
O martes 18 de novembro ás 20.30 horas hai xuntanza na Biblioteca Municipal de Boiro (ubicada na Casa da Cultura) de interesados en formar parte do CLUB DE LECTURA, para escoller títulos a ler, fixar horarios de próximas xuntanzas. Poderán asistir tódolos adultos e xóvenes maiores de 18 anos que desexen participar nesta iniciativa promovida pola Biblioteca Municipal de Bioro e a Asociación Cultural Verbas. Se hai alguen interesado en formar parte do club, pero non pode asistir á xuntanza se pode poñer en contacto coa biblioteca (teléfono 981 84 84 10).
Un club de lectura é un grupo de persoas que se reúnen para comentar un mesmo libro, que todas leron previamente. Normalmente, o libro lese e comentase por partes. Os libros os presta gratuitamente a biblioteca.
Tratase de posibilitar o encontro dun grupo de persoas interesadas en reflexionar, comentar, intercambiar opinións, aprender, disfrutar e relacionarse a partir da lectura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





